10 de nov. de 2007

Vaia coñazo de clase

Vaia coñazo de clase!- resoou na miña cabeza – Non estaría mal levantarme agora e pegarme un tiro...ou que outro mo pegue a min, ou a calquera... ¡ou a si mesmo! vaia se estaría ben...

Nesto, un rapaz ao que nunca vira levantouse dunha das filas do fondo e, como a cámara lenta, sacou unha pistola escura de entre as maos, apuntando con ela a un dos compañeiros que estaba de costas diante súa, mirando para os papeis do seu pupitre coa cabeza inclinada cara abaixo, en posición sumisa ao macabro sacrificio, posiblemente por ignorala súa papel protagonista no mesmo. Silencio. Tempo que non pasa, cámara cada vez máis ralentizada...e un golpe, un brutal espasmo, un susurro que soou a berro e o meu corazón galopando no peito. Mirei á dereita e vin ao meu compañeiro de táboa ollando para min con cara divertida, pero que naquela situación parecerame grotesca. Entón analicei os fonemas do susurro, nos que atopei un “¡esperta!” que me devolveu á realidade. “Quedaras durmido” dixo cos ollos moi abertos.

Um comentário:

Raquel C. disse...

Dijams q Chejei d fotolog en fotolog, ó teu...
miro o blog e deixasm pampa con estes textos, con todos en xeral... ainda que este me sorprendeu moito

Da gusto ver que ai xente qe pensa asi... moita xente limitase a non pensar... a ignorancia a veces e o mellor camiño

Espero que sigas pensando e difundind ideais, q merecen ser difundidos, un saudo!

Quelinha*