17 de dez. de 2007

Política: Democrácia?

6 de Decembro, o politiqueo español está de festa.

Día de “consenso”, no que todos esquecen os insultos intercambiados poucos días antes para memorar aqueles tempos de transición, no que franquistas e progresistas (algúns mesmo denominados “revolucionarios”) fundense e confundense nun impulso renovador manipulado dende as luces e as sombras pola luva fascista que ninguén quería recoñecer, xa que era a que repartía o pastel. E todos tiveron a súa porción, contentos coa doce sabor do cambio asinaron unha folla que marcaría o camiño do estado e a súa lexislación, nun novo enxendro que, aínda mellor e máis hipócrita, mantiña o cordón umbilical do franquismo. E saíulles ben o becho, case tres décadas despois a ditatorial constitución segue viva e lexislando. Vendendo dereitos que non cumple, marcando fronteiras represivas, e inxusta, sempre inxusta co pobo. Un pobo que elixe representantes sen voz nen voto, de máns atadas ante Madrid. Un pobo colonizado e asoballado cultural e economicamente polo imperio. Un pobo Galego, enganado durante anos, pero que ten que espertar.

A constitución permite a creación de estatutos de autonomía, ampliacións especificas da lexislación española, para tentar calmar as conciencias coa esmola dun sistema de competencias inxusto e insuficiente coa realidade galega. Pero nin sequera podemos decidir sobre os nosos estatutos, xa que é finalmente nas cortes españolas (onde os nosos “representantes” son unha minoría) onde se troca, aproba ou refusa calquer proposta que saia da nosa terra, negando calquer intento ou avance cara a autodeterminación do país. Na Galiza non hai democracia, ese privilexio gárdano as cortes madrileñas.

Esta constitución só lle vale ao bipartito centralista PP-PSOE e aos seus inconscientes seguidores, que se felicitan do ben que lles saíu o choio, alternándose no poder e gobernando segundo os designios da “legalidade constitucional”, marxinando aos pobos asoballados baixo as tapas da súa lexislación.




Disculpa este texto de tons políticas, que por riba chega fora de hora, non ocorrerá con frecuencia.