2 de jan. de 2008

Carta de Nadal

Sei que chega tarde, un ano, ou dous xa...pero segue tristemente vixente.


Non ten mérito, xa o sei.



No Mundo,

a 23 de Nadal do 2006 (ou de calquera ano)

Ao señor Nadal:


Escríboche esta carta a ti xa que non sei a quen lla podería escribir. Sei que os nenos de todo o mundo pídenche cousas nestas datas mediante mensaxes a representantes teus coma os Reis Magos ou “Papá Noel”, pero eu preferín asegurarme de que a recibirías escribíndocha a ti persoalmente.

Non sei por onde comezar...a ver...Quero auga. Non quero ter que andar varios quilómetros ate a fonte máis próxima e volver no mesmo día baixo o sol e a calor da miña terra con varios quilos nas miñas costas. Quero ter auga preto de onde vivimos. Auga da que non nos fai enfermar. Non quero morrer unha e outra vez de malaria, évola, lepra...só porque as farmacéuticas queiran sobreenriquecerse. Non quero volver collelo SIDA, non quero que mo transmitan meus pais. E por suposto non quero morrer de fame varias veces por minuto. Non quero morrer de fame nunca máis. Non quero ter que sufrir guerras, sendo o maior prexudicado nelas. Nin que me agredan, nin que abusen de min, nin que me violen nunca máis. Nin morrer máis a maos de ningún adulto. Non quero que me obriguen a traballar en condicións indignas, nin en ningún tipo de condicións. Non quero que me obriguen a prostituírme, nin militarmente coma soldado nin sexualmente. Quero ser eu mesmo, ser Neno, e poder gozar diso, do que xa me quitaron tantas e tantas veces. Quero xogar como un neno, aprender como un neno e poder vivir coma un neno.

O que che pido é moi importante, polo menos para min, xa que semella que a xente do mundo primeiro ignora ou nos obvia, incluso nestas datas, e xa non sei a quen acudir. Pídoche (aínda que en primeira persoa) por todos os nenos relegados ao terceiro posto no mundo e por todos os pais que viven por nós.

Un bico, Neno

PD: Non quero ningún xoguete, se cumpres todo o que che pido xa serei feliz dabondo. Os xoguetes mellor para o ano que ven.

Nenhum comentário: