4 de jan. de 2008
2 de jan. de 2008
Carta de Nadal
Sei que chega tarde, un ano, ou dous xa...pero segue tristemente vixente.
Non ten mérito, xa o sei.
No Mundo,
a 23 de Nadal do 2006 (ou de calquera ano)
Ao señor Nadal:
Escríboche esta carta a ti xa que non sei a quen lla podería escribir. Sei que os nenos de todo o mundo pídenche cousas nestas datas mediante mensaxes a representantes teus coma os Reis Magos ou “Papá Noel”, pero eu preferín asegurarme de que a recibirías escribíndocha a ti persoalmente.
Non sei por onde comezar...a ver...Quero auga. Non quero ter que andar varios quilómetros ate a fonte máis próxima e volver no mesmo día baixo o sol e a calor da miña terra con varios quilos nas miñas costas. Quero ter auga preto de onde vivimos. Auga da que non nos fai enfermar. Non quero morrer unha e outra vez de malaria, évola, lepra...só porque as farmacéuticas queiran sobreenriquecerse. Non quero volver collelo SIDA, non quero que mo transmitan meus pais. E por suposto non quero morrer de fame varias veces por minuto. Non quero morrer de fame nunca máis. Non quero ter que sufrir guerras, sendo o maior prexudicado nelas. Nin que me agredan, nin que abusen de min, nin que me violen nunca máis. Nin morrer máis a maos de ningún adulto. Non quero que me obriguen a traballar en condicións indignas, nin en ningún tipo de condicións. Non quero que me obriguen a prostituírme, nin militarmente coma soldado nin sexualmente. Quero ser eu mesmo, ser Neno, e poder gozar diso, do que xa me quitaron tantas e tantas veces. Quero xogar como un neno, aprender como un neno e poder vivir coma un neno.
O que che pido é moi importante, polo menos para min, xa que semella que a xente do mundo primeiro ignora ou nos obvia, incluso nestas datas, e xa non sei a quen acudir. Pídoche (aínda que en primeira persoa) por todos os nenos relegados ao terceiro posto no mundo e por todos os pais que viven por nós.
Un bico, Neno
PD: Non quero ningún xoguete, se cumpres todo o que che pido xa serei feliz dabondo. Os xoguetes mellor para o ano que ven.
17 de dez. de 2007
Política: Democrácia?
6 de Decembro, o politiqueo español está de festa.
Día de “consenso”, no que todos esquecen os insultos intercambiados poucos días antes para memorar aqueles tempos de transición, no que franquistas e progresistas (algúns mesmo denominados “revolucionarios”) fundense e confundense nun impulso renovador manipulado dende as luces e as sombras pola luva fascista que ninguén quería recoñecer, xa que era a que repartía o pastel. E todos tiveron a súa porción, contentos coa doce sabor do cambio asinaron unha folla que marcaría o camiño do estado e a súa lexislación, nun novo enxendro que, aínda mellor e máis hipócrita, mantiña o cordón umbilical do franquismo. E saíulles ben o becho, case tres décadas despois a ditatorial constitución segue viva e lexislando. Vendendo dereitos que non cumple, marcando fronteiras represivas, e inxusta, sempre inxusta co pobo. Un pobo que elixe representantes sen voz nen voto, de máns atadas ante Madrid. Un pobo colonizado e asoballado cultural e economicamente polo imperio. Un pobo Galego, enganado durante anos, pero que ten que espertar.
A constitución permite a creación de estatutos de autonomía, ampliacións especificas da lexislación española, para tentar calmar as conciencias coa esmola dun sistema de competencias inxusto e insuficiente coa realidade galega. Pero nin sequera podemos decidir sobre os nosos estatutos, xa que é finalmente nas cortes españolas (onde os nosos “representantes” son unha minoría) onde se troca, aproba ou refusa calquer proposta que saia da nosa terra, negando calquer intento ou avance cara a autodeterminación do país. Na Galiza non hai democracia, ese privilexio gárdano as cortes madrileñas.
Esta constitución só lle vale ao bipartito centralista PP-PSOE e aos seus inconscientes seguidores, que se felicitan do ben que lles saíu o choio, alternándose no poder e gobernando segundo os designios da “legalidade constitucional”, marxinando aos pobos asoballados baixo as tapas da súa lexislación.
Disculpa este texto de tons políticas, que por riba chega fora de hora, non ocorrerá con frecuencia.
10 de nov. de 2007
Vaia coñazo de clase
-¡Vaia coñazo de clase!- resoou na miña cabeza – Non estaría mal levantarme agora e pegarme un tiro...ou que outro mo pegue a min, ou a calquera... ¡ou a si mesmo! vaia se estaría ben...
Nesto, un rapaz ao que nunca vira levantouse dunha das filas do fondo e, como a cámara lenta, sacou unha pistola escura de entre as maos, apuntando con ela a un dos compañeiros que estaba de costas diante súa, mirando para os papeis do seu pupitre coa cabeza inclinada cara abaixo, en posición sumisa ao macabro sacrificio, posiblemente por ignorala súa papel protagonista no mesmo. Silencio. Tempo que non pasa, cámara cada vez máis ralentizada...e un golpe, un brutal espasmo, un susurro que soou a berro e o meu corazón galopando no peito. Mirei á dereita e vin ao meu compañeiro de táboa ollando para min con cara divertida, pero que naquela situación parecerame grotesca. Entón analicei os fonemas do susurro, nos que atopei un “¡esperta!” que me devolveu á realidade. “Quedaras durmido” dixo cos ollos moi abertos.